O contacto coa xente e contemplar a natureza é espectacular. Fíxome moito ben.

...

Atopamos un can solitario e fixo todo o Camiño connosco. Sempre ao noso ritmo

Fixen o Camiño para buscar a conexión coa xente, comigo mesma, coa natureza e co propio universo. Escoitar as historias dos outros peregrinos é algo moi intenso. Establécese unha conexión con todo.

O contacto coa xente e contemplar a natureza é espectacular. Fíxome moito ben.

Hai un ano pasounos unha historia, e foi que atopamos un can solitario. Creo que era dunha aldea porque non estaba habituado aos coches. Pois ben, fixo todo o Camiño connosco. Sempre ao noso ritmo. Pero xa chegando a Santiago non podiamos acollelo, porque era moi complicado regresar con el. Entón atopamos unha familia que se puido ocupar del. Un ano despois, enviáronnos fotos..., e o can está perfectamente!.