Axenda de Eventos

Exposición
Exposición Pablo Genovés
Do 28 setembro ao 4 febreiro | Museo de Arte Contemporáneo A Coruña
Comeza:
28 setembro | 12:00
Remata:
4 febreiro | 20:30
Onde:
Museo de Arte Contemporáneo A Coruña

Na exposición pódese gozar dunha selección de 63 obras do recoñecido fotógrafo Pablo Genovés, que leva as súas obras por todo o mundo.

Nesta ocasión presenta unha selección das súas mellores obras no MAC, ademais dun conxunto de vídeos que mostran algunhas das súas montaxes fotográficas.

Las Mutaciones Polifónicas representan o seu estilo máis persoal, no que podemos ver a súa implicación cos problemas que ocasiona o cambio climático e os esforzos que realiza por mostrar a realidade do mundo actual, no que a natureza non pode sobrevivir ás transformacións que provocamos os humanos. Ademais quere reflectir a súa idea do futuro na terra e como os humanos destruímos o planeta.

O día da inauguración, o xoves 28 de setembro, haberá unha charla introductoria ás 20:30 horas co autor e ademais as obras estarán expostas no museo durante catro meses.

Tipo de evento: Exposición